martes, 20 de septiembre de 2011

Final Circuito Galego de Marcha

María Abeledo proclamouse campeona cadete desta proba cunha marca de 15.44 en 3 km marcha, demostrando que este ano poderá seguir loitando por facer unha boa marca nos campionatos de España da sua categoría. Nesta mesma xornada tamén participaba Pedro Abeledo logrando o 8º posto da carreira xeral de 5 km marcha, sendo 2º na sua categoría cunha marca de 29.05.

sábado, 10 de septiembre de 2011

I CARREIRA SOLIDARIA DÉCIMAS NARÓN

A ONG Lena, organiza a I Carreira Solidaria de Narón, o Clube Atletismo Afflelou Narón e a tenda Décimas de Alcampo imos colaborar con este grandísimo proxecto.

Espero que tod@s os atletas, familiares e amig@s do Club participedes nesta carreira tanto correndo como axudando!!!!

O reglamento da carreira está colgado na páxina de Correr en Galicia e en ChampionChip.